Saturday 27 de April de 2024

Un total de 75 veciños e veciñas de Frades percorren a penúltima etapa do tramo galego do Camiño de Santiago: Arzúa – O Pino


A derradeira etapa, con chegada na praza do Obradoiro, terá lugar o sábado 19 de maio. Inscricións no Concello de Frades

Un grupo de 75 veciños e veciñas de Frades participaron este sábado na penúltima do tramo galego do Camiño de Santiago, polo que só lles resta unha derradeira etapa: os 19 quilómetros que separan O Pino da praza do Obradoiro. Esa derradeira etapa terá lugar o sábado 19 de maio e todas as persoas que estean interesadas en participar só teñen que anotarse no Concello de Frades ou chamar ao 981 695 567. O prezo por participante é de 10 euros.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Maiores, Jesús Francos Sánchez, acompañaron aos peregrinos durante os 20 quilómetros da penúltima etapa, entre as localidades de Arzúa e O Pino. A pesar de que as previsións meteorolóxicas non eran boas, finalmente o tempo aguantou e facilitou a andaina.